Deporte Galego

BAXI Ferrol, novo equipo de Liga Femenina Endesa

  • 11 Abril 2021 |
BAXI Ferrol, novo equipo de Liga Femenina Endesa
(Foto: FEB)

O Baloncesto Galego está de noraboa. Desde esta mesma tarde, Universitario Ferrol é novo equipo de Liga Feminina Endesa.

As xogadoras que dirixe Lino López, con Sandra Prieto como adestradora axudante, rubricaron o seu ascenso á máxima categoría do Baloncesto Femenino Nacional tras completar con pleno de Vitorias unha fase Final de LF2 na que estenderon o seu dominio como invictas en Liga Regular (26 encontros gañados). 

Dous trunfos no seu grupo da rolda previa desta fase ante Advisoria Maresme (69 - 78) e UCAM Primafio Jairis (77- 62) deixaron a porta aberta a unha semifinal na que o premio era o ascenso. Unha merecida conquista que fixeron súa, ao fin, esta mesma tarde tamén con trunfo (81 - 72) ante Osés Construccións ARDOI, agasallando así a todo o Baloncesto Galego con esta inmellorable nova.

Parabéns a todo o equipo, afección e a toda a cidade de Ferrol!

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence