Deporte Galego

Doble sesión de seminarios específicos no CAD Manuel Peleterio - FGB

  • 27 Febreiro 2021 |

O "CAD Manuel Peleteiro -  FGB " continúa a súa marcha nesta temporada 2020 - 2021 e programa para este domingo, 28 de febreiro; dúas novas actividades específicas presenciais que reforzarán a formación do total dos seus 21 alumnos de Ciclo Inicial e 19  de Ciclo Final.

Nunha temporada 20 - 21 na que dende o CAD se está apostando polo equilibrio entre as aulas online e físicas, na medida das posibilidades que permite a situación sanitaria; esta xornada dominical achega unha nova oportunidade de compartir en persoa, nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro; as experiencias de dous profesionais do noso Baloncesto a alto nivel.

Rubén Vieira, Preparador Físico de Monbus Obradoiro e Román Gómez, Adestrador axudante en Leyma Basquet Coruña serán os protagonistas dun seminario e obradoiro, respectivamente; realizándoos coa seguinte temática, horario e grupo de alumnos en cada caso:

CICLO INICIAL
Seminario específico: "Pautas de Traballo Físico en Formación", a cargo de Rubén Vieira (de 15:30 h a 19:30 h) 

CICLO FINAL
Obradoiro específico: "Scouting: Ferramentas de Observación e Análise" a cargo de Romaán Gómez. (de 11:30 h a 13:30 h).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka