Deporte Galego

Federación Galega de Baloncesto e CLUPIK únense na aposta pola dixitalización integral dos Clubs

  • 23 Febreiro 2021 |

- Ambas as entidades asinan un convenio de colaboración que, como primeira medida e de xeito inmediato, permitirá aos clubs da FGB acceder e empregar completamente gratis a App “Afority” para o control de asistencia ás instalación deportivas.

A Federación Galega de Baloncesto asóciase coa start up “Clupik” co obxectivo de favorecer a adaptación do Baloncesto Galego ás novas tecnoloxías e, con elas, impulsar as posibilidades de expansión económica e social dos clubs.

Clupik chega ao Baloncesto Galego de xeito oficial como unha ferramenta completa para dixitalizar aos clubs deportivos ofrecendo solucións de xestión e comunicación personalizada para cada club e cada tipo de usuario. Esta posibilidade materializarase a través dunha App e dunha páxina web cuxas condicións de acceso e custe económico poranse a disposición dos clubs FGB a través dunha reunión virtual con ambos protagonistas, a FGB e a propia Clupik.

“Afority
Este acordo entre a Federación Galega de Baloncesto e Clupik permitirá tamén que todos os clubs FGB accedan de xeito completamente gratuíto a “Afority, app propia e personalizada para o rexistro de aforo e asistentes a adestramentos, partidos ou eventos de carácter deportivo. Este control, que é un requisito esixido pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do cumprimento do Protocolo FISICOVID Deporte Galego, poderá realizarse xa por esta vía deste esta mesma semana.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence