Con respecto ao novo escenario do deporte Federado tras a actualización por parte da Xunta de Galicia do Decreto 8/2021 do 26 de xaneiro, a través do Decreto 26/2021 e da ORDE do 15 de febreiro de 2021 do DOGA queremos trasladarvos as seguintes aclaracións:
- Os adestramentos e a competición autonómica FGB poden volver a realizarse desde este mesmo 17 de febreiro, sempre axustándose ao cumprimento do noso Protocolo FISICOVID – DXTGALEGO FGB.
- Para a realización dos adestramentos e das propias competicións FGB, os deportistas participantes e o persoal autorizado non estarán suxeitos ás limitacións de mobilidade e horario establecidas actualmente, tendo estritamente en conta que esta circunstancia terá que ser de obrigada xustificación vía certificado.
- O certificado que permite xustificar a exención das limitación de mobilidade e horario deberá ser expedido polos club a cada deportista e con periodicidade semanal. Incidir en que no caso de que NON se incumpran estas limitacións (perimetrais e de horario) NON será preciso expedir tal certificado.
- Para completar o proceso de certificación, os clubs deberán enviar á FGB, debidamente cuberto, un documento Excel que se lle fará chegar. O prazo para envialo, vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., será o previo ás 12.00 h de cada xoves. (Rogamos, por favor, que este documento se remita no mesmo formato excel e sen modificar os datos que veñen de serie).
- ACTUALIZACIÓN: Baixo esta nova modificación das medidas, todos os equipos federados poderán adestrar, unicamente non poderán facelo aqueles deportistas que NON pertenzan ao municipio propio do club e NON teñan competición prevista en calendario oficial na marxe de catro semanas.
- En breves días, sempre tras consulta e decisión dos órganos competentes da FGB, remitiremos as datas tanto de reactivación das competicións que tiveron que deter a súa marcha, así como as datas de inicio para aquelas que estaban por comezar. En principio, o inicio previsto para as mesmas está programado para non estenderse máis alá de dúas semanas.
- Completando estas aclaracións, achegamos os tres documentos de referencia e necesaria lectura de cara a cumprir ao detalle as medidas que permiten a volta ás competicións:
GUÍA SIMPLIFICADA SXD DAS MEDIDAS PREVENTIVAS PARA FACER FRONTE AO RISCO DE CONTAXIO POLA COVID-19 DE APLICACIÓN AO DEPORTE GALEGO.
Decreto 26/2021
ORDE do 15 de febreiro de 2021