Deporte Galego

A 1º División Nacional Feminina continúa en xogo

  • 26 Xaneiro 2021 |

O Conxunto de Federacións Autonómicas implicadas na 1º División Nacional Feminina, que xunto a Galicia, conforman Asturias, Cantabria e Castela León; reuniuse de xeito virtual esta mesma mañá de martes, 26 de xaneiro; para avaliar a presente situación da competición no escenario actual, e tomar, tras as deliberacións pertinentes, tres importantes decisións:

- Continuar adiante coa competición conforme ao establecido en bases de competición e calendarios publicados.

- Incidir na obrigatoriedade de realizar test de antíxenos nas 72 horas inmediatamente anteriores á celebración de cada encontro. Obrigatoriedade esta que se recollerá en versión actualizada de protocolo COVID-19 para a competición que se remitirá aos equipos participantes. Este protocolo seguirá sendo, por tanto, o documento de referencia en todo o relacionado a actuación relacionado co COVID-19 onde se recolle a documentación e pasos a seguir antes, durante e despois de cada partido.

- Respecto ao uso de máscara, seguir sendo este opcional para as xogadoras (a título individual) ou para o equipo completo, podendo algunha federación ou os propios clubs recomendar o seu uso se así o consideran oportuno. En calquera caso a decisión de uso de máscara que adopte unha xogadora ou equipo, non será vinculante para o equipo rival.

Estas medidas permitirán manter un tratamento en materia COVID-19, o máis similar posible, ao que se establece para as competicións FEB. 

Esforzo común
Na xuntanza virtual desta mañá, as catro Federacións deixaron tamén constancia do seu agradecemento aos clubs implicados nesta competición pola responsabilidade coa que están a cumprir ata o de agora o protocolo COVID-19, algo que sen dúbida contribuíu decisivamente en que se puidera disputar a primeira fase coa máxima seguridade posible e cunha incidencia mínima.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka