Dende a Federación Galega de Baloncesto, co obxecto de facilitar a xestión e comunicación dos casos confirmados da COVID19, achega detallada guía elaborada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Consellería de Sanidade, dirixida fundamentalmente aos Coordinadores FISICOVID-DXTGALEGO de todos clubs.
Neste documento, atopamos de xeito claro e cronolóxico as pautas a seguir ante a presenza de CASOS SOSPEITOSOS, CASOS CONFIRMADOS DE COVID19, CONTACTOS ESTREITOS e tamén POSIBLES ABROCHOS.