Deporte Galego

Abrimos o XI Certame "O Baloncesto e o Nadal"

  • 01 Decembro 2020 |

A FGB, en colaboración con ESEKA SPORTS WEAR promove a XI edición do seu xa tradicional “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que decide a postal que desexará boas festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto neste ano 2020 tan particular e complicado e no que, dun xeito ou doutro, quixemos que o Baloncesto nunca deixara de acompañarnos.

A posibilidade de participar no Certame “O Baloncesto e o Nadal" permanecerá aberto ata o vindeiro 18 de decembro; data ata a que se recibirán na sede central da FGB, ou nas súas delegación zonais, as propostas de debuxo de todos os xogadores e xogadoras de categorías preminibasket ata cadete que o desexen, centrando a temática das súas creacións, como cada ano, na vinculación entre o “Baloncesto e o Nadal”.

As BASES e principais requisitos do concurso poden consultarse no documento que achegamos, definindo ademais no mesmo o carácter dos agasallos que recibirán os autores ou autoras das postal vencedora e segunda clasificada.

Así mesmo, indicar que as primeiras dez postais recibidas para formar parte do concurso contarán cun agasallo da FGB!

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence