Deporte Galego

Competicións FGB: Confirmación de datas de inicio

  • 19 Novembro 2020 |

Definida, sempre ao abeiro da situación sanitaria, a programación das competicións FGB para a vixente temporada 2020 - 2021. Ao inicio inminente das principais ligas de ámbito autonómico, súmase agora a confirmación de datas para as restantes competicións FGB, levándose sempre a cabo baixo o Protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGB, indispensable para poder realizar a práctica do baloncesto federado do xeito máis seguro posible.

Novembro

Esta mesma fin de semana abrirán xogo as ligas de 1º División Masculina,1º Autonómica Feminina, 2º División Masculina e as Primeiras Divisións Infantil, Cadete e Júnior, cuxos horarios para a primeira xornada xa están dispoñibles. Seguirán a súa estela este mesmo mes as Ligas de 1º División Minibasket e Preinfantil, as cales retomarán a pista a partir do día 28.

Decembro 

As Ligas regulares de 3º División Masculina, 2º División Feminina e 2º División Júnior terán que agardar ata o mes decembro para dar o seu pistoletazo de saída. A data esstablecida para este, tras petición do Comité de Actividades FGB e acordo da súa Xunta Directiva e Comisión Delegada FGB, será a do 13 de decembro.

2021

Xa en 2021 virá a quenda das competicións de 2º División Cadete, 2º División Infantil, 2º División Minibasket e Liga Preminibasket. Todas elas iniciándose a partir do 17 de xaneiro.

O vindeiro ano é tamén o marcado para a posta en marcha das Ligas “Coroaoaro”, novas competicións de ámbito zonal e interzonal que, no seu caso, definirán o seu formato a partir do mes de febreiro.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence