Deporte Galego

Pesar polo Falecemento de Helena Mariño

  • 30 Octubre 2020 |

A Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu Presidente e representada por todo o seu persoal directivo, administrativo e deportivo, desexa amosar as súas máximas condolencias polo falecemento de Helena Mariño, triste nova que coñecemos na noite do xoves e que deixa ao Baloncesto Galego tinguido de luto. 

Helena era unha auténtica apaixonada do Baloncesto, ao que lle entregou todo e no que deixou a súa inesquecible pegada dende sempre e ata o presente, no que desfrutaba do deporte que máis lle gustaba cos seus compañeiros, amigos e familia do CB Vilagarcía.

Nesta Federación Galega de Baloncesto tivemos tamén a sorte de traballar con Helena man a man polo baloncesto, contando con ela na faceta de Delegada Deportiva en Arousa, zona na que permanecerá no mellor dos recordos da súa xente para sempre.

Compañeiros dos clubs na súa traxectoria, en especial o AD Cortegada no que tivo unha presenza clave no tempo como xogadora e adestradora; afeccionados, e representantes de todo o Baloncesto Galego están a amosar o seu pésame e cariño dende que coñeceron a noticia. Xunto a eles mandamos todo o noso cariño e un forte abrazo a súa familia e a todos os seus achegados.

Descanse en Paz.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka