A 1º División Nacional Feminina Grupo Norte xa coñece o seu calendario. A competición, que nesta temporada recupera a fórmula de participación conxunta de principio a fin das catro Federacións implicadas, pon en marcha a súa conta atrás coa publicación da súa ruta de xogo, a cal dará inicio o vindeiro 29 de setembro, sempre que a situación sanitaria e as directrices das institucións permitentes o autoricen.
Pola banda galega comparecen nesta temporada un total de cinco clubs, encadrados todos eles no Grupo A (Oeste): Marín Peixe Galego, Peleteiro Hyupersa Santiago, Arxil Mafari Café, Seis do Nadal – Coia e Codigalco Carmelitas Ourense. O futuro que lles agarda nas pistas pode consultarse xa nos documentos que achegamos.