Deporte Galego

Betanzos e Marín, sedes para os Campionatos de España de Clubs Infantís

  • 31 Xaneiro 2020 |
Concello local e Santo Domingo de Betanzos asinaron o convenio de organización do Campionato coa presenza da Secretaria Xeral FGB, Susana Fernández
Concello local e Santo Domingo de Betanzos asinaron o convenio de organización do Campionato coa presenza da Secretaria Xeral FGB, Susana Fernández

Galicia será un ano máis, o sétimo consecutivo, o emprazamento perfecto para os Campionatos de España de Clubs en categoría Infantil.

Neste 2020, as localidades de Betanzos e Marín, en categoría masculina e feminina, respectivamente; recibirán na casa estas dúas citas, que encherán a nosa Comunidade do mellor Baloncesto Base entre os días sete e trece do vindeiro mes de xuño.

Concello de Betanzos e Club Santo Domingo de Betanzos organizarán a competición masculina nesta vila, que se estrea como escenario para un campionato de España Infantil. Pola súa banda, Marín volverá a acoller á categoría infantil, e farao por terceiro ano consecutivo, marcándose cada temporada novos retos da man do Concello e o Club local, Marín Peixe Galego.

Galicia, de novo protagonista

En ambos os casos trátase dunha aposta en firme polo deporte de formación e por seguir dando a coñecer a capacidade organizativa dos clubs, entidades públicas e a propia Federación Galega de Baloncesto nun evento destas características ao que, precisamente en categoría infantil, levamos recibindo na casa durante xa seis anos de xeito ininterrompido:

Campionato de España Infantil Masculino

2013 – 2014:Cambados

2014 – 2015: Cambados

2015 – 2016: Lugo

2016 – 2017: Cambados e Vilanova

2017 – 2018: Marín

2018 – 2019: Lugo

Campionato de España Infantil Feminino

2013 – 2014: Pontevedra

2014 – 2015: Pontevedra

2015 – 2016: Pontevedra

2016 – 2017: Marín

2017 – 2018: Pontevedra

2018 – 2019: Marín

A desta temporada 2019 – 2020 será a XLI edición en masculino e a XXXVI en feminino, desputándose ambas polos 32 mellores equipos de España en cada categoría, e supoñendo para as localidades organizadoras un componente deportivo e social de grande valor.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka