Deporte Galego

"O Baloncesto Educa" pon en marcha a súa web

  • 15 Novembro 2019 |

"O Baloncesto Educa" estrea web. O proxecto de formación en valores e en igualdade que dende a Federación Galega de Baloncesto queremos espallar por toda a categoría Preminibasket abre o seu propio portal web no que poder consultar ao detalle as bases do proxecto, o seu equipo de traballo, así como todas as novidades que se irán creando no mesmo. Tedes xa toda esta información, a un golpe de click, en www.obaloncestoeduca.com 

"O Baloncesto Educa" pasará a acción no mes de decembro, materializándose na competición preminibasket. Pero mentras ese intre non chega, os resposanbles do proxecto atópanse inmersos en dalo a coñecer a todos os clubs preminibasket galegos, así como as familias dos xogadores e xogadoras desta categoría e ao estamento arbitral. 

As claves do proxecto que eles están a espallar por toda a nosa Comunidade atópanse tamén resumidas nun documento que achegamos xunto a esta información. Así mesmo, ante esta documentación, e ante as posibles dúbidas sobre o proxecto que poidan xurdir, mantemos aberta a dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Aquí recibiranse todas as consultas e cuestións sobre a vosa participación en "O Baloncesto Educa". 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka