Deporte Galego

A Federación Galega de Baloncesto e a Asociación de Baloncesto de Porto estreitan os seu lazos

  • 08 Octubre 2019 |

Encontro de traballo e presentación de ideas para a Federación Galega de Baloncesto e a Asociación de Baloncesto do Porto. Os principais representantes de ambas as entidades mantiveron este martes, na sede da FGB en Santiago de Compostela; unha xuntanza na que puxeron sobre a mesa diferentes cuestión de ámbito tanto arbitral como puramente deportivo.

Así, encabezados polos presidentes FGB e ABP, Francisco Martín e Victor Carneiro; respectivamente; os seus Directores Técnicos e Arbitrais analizaron en conxunto a realidade actual galega e portuguesa nestas dúas áreas, facendo fincapé en aspectos formativos; e intercambiaron propostas de colaboración e sinerxias de cara ao futuro. Carlos Colinas e Miguel Ángel Pérez, por parte da FGB; e Paulo Beta (Director Técnico) e Fernando Rocha (Director Técnico); en representación da ABP; marcaron así unha renovada folla de ruta e vías de acción en común co obxectivo de facelas realidade nesta mesma temporada. 

O vínculo entre o Baloncesto Galego e a Asociación de Baloncesto do Porto xa vén de tempo atrás, supoñendo esta nova reunión un paso máis para ampliar a mesma.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka