EDPR Copa Galicia Sénior Masculina (Pavillón A Raña. Marín) - 22/09/19
FINAL (12.30 h)
Monbus Obradoiro - Club Ourense Baloncesto (89 - 65)
(22 - 22, 23 - 9, 23 - 22, 21 - 12)
Obradoiro (89): Kravic (5), Magee (6), Brodzianski (10), Calloway (8), Czerapowicz (6) – cinco inicial- Pozas (2), Vasileiadis (9), Spires (9), De Zeeuw (5), Navarro (7), Daum (14)
Club Ourense Baloncesto (65): Figueras (4), Edu Martínez (8), Connor Wood (4), Van Wijk (4), Balaban (23) –cinco inicial - Pluta (3), Ott (7), Tshikaya (2), Vázquez (2) Serrano (8).
MVP "Caixabank": Darko Balban (Club Ourense Baloncesto)
A EDPR Copa Galicia Sénior Masculina xa ten campión. Tras unha mañá de bo baloncesto vivida en Marín, o equipo santiagués suma a novena Copa Galicia no seu palmarés particular nesta competición, e faino tras vencer a Club Ourense Baloncesto nunha final que dominou con claridade xa dende o segundo cuarto.
Os xogadores de Gonzalo García de Vitoria comezaron con ímpetu, un parcial de 0 -9 nos primerios minutos de xogo así o amosaba, pero as súas perspectivas de optar a manterse arriba no marcador e ter opcións de vitoria prolongáronse o que tardou o equipo santiagués en reaccionar motivado polos cambios de pizarra no seu quinteto.
Neste escenario, e de xeito máis evidente, foi a partires do segundo cuarto cando as diferencias físicas comezaron a facerse patentes e, con elas, a capacidade anotadora e potencial das rotacións obradoiristas. A eficacia defensiva dos de Moncho Fernández tamén se presentaba eficaz, permitíndolle romper de todo o encontro e abrir fenda no electrónico ata marcar unha diferencia máxima de 25 puntos no último cuarto. Ao remate, o 89 - 65 definitivo asinaba un novo trunfo Compostelán nunha Copa Galicia que este ano contou co patrocinio especial de EDPR.
O capitán Obradoirista, Pepe Pozas; foi o encargado de recoller a Copa Galicia
O Concelleiro de Deportes de Marín; Antonio Traba; e o Responsable de EDPR en Galicia, Juan Rey; entregaron o seu trofeo de Subcampión ao COB