Durán Maquinaria Ensino e Real Club Celta Baloncesto deron vida esta tarde de sábado en Narón (19.00 h á XXXIII edición da Copa Galicia FEminina, unha cita que este ano celébrase ademáis como o Memorial Ricardo Méndez como homenax eá figura da persoa de Ricardo, compañeiro e directivo na Federación Galega de Baloncesto; recentemente falecido.
XXXIII Copa Galicia Sénior Feminina - Memorial Ricardo Méndez (Pavillón A Gándara. Narón) - 21/09/19
FINAL (19.00 h)
Durán Maquinaria Ensino - Real Club Celta Baloncesto (63 - 58)
(11-12, 14-22, 23-12, 15-12)
Durñan Maquinaria Ensino (63): Aleksandra Stanacev (6), Atonye Nyingifa (15), Laura Aliaga (8), Bea Sánchez (15), Britanny Miller (8) cinco inicial- Starr Breedlove (5), Ainhoa López (6), Alba Ruano (0) y Maite Franco (0).
R.C Celta Zorka Recalvi (58): Anne Senosiain (6), Ainhoa Lacorzana (10), Celia García (3), Helmi Tulonen (9), Elo Edeferioka (8) -cinco inicial- Mara Neira (2), Noa Comesaña (2), Lucía Fontela (2), María Barneda (6) y Breanna Richardson (10).
MVP "Cainxabank": Bea Sánchez (Durán Maquinaria Ensino)
Durán Maquinaria Ensino defendou con éxito en Narón o título de Copa Galicia que xa obtivera na pasada edición desta Competición. Ante un Celta que comezou entonado e conseguindo protagonizar os mellores momentos da primeira metade de xogo, ao equipo de Juan Nécega costoulle entrar en partido, e viuse forzado, tras o descanso (25 – 34 para as de Cristina Cantero), a encarar o partido con outra actitude.
Ao regreso dos vestiarios, as lucenses retomaron o mando do xogo e romperon a igualdade gracias a un parcial 8 -2 nos primeiros compases desta quenda do partido. As súas posicións de dominio no campo víronse reforzadas e permitíronlle distanciarse o suficiente como para reter nas súas vitrinas a Copa Galicia.
Memorial Ricardo Méndez
A vitoria de Durán Maquinaria Ensino produciuse ademáis nunh partido que, por parte da Federación Galega de Baloncesto, serviu como homenaxe ao seu compañeiro e directivo, Ricardo Méndez; recentemente falecido.
Dende aquí,e reiterando de novo o noso máximo cariño á familia de Ricardo; queremos agradecer de novo aos dous equipos finalistas, e ao organizador, Universitario Ferrol; por acompañarnos con sumo respeto nesta ocasión tan especial para nós.