Deporte Galego

As Seleccións Galegas Infantís e Cadetes estrean cadro técnico

  • 05 Setembro 2019 |

Chega un novo ciclo competitivo para a Área Deportiva FGB e con el, como cada temporada, renóvase a composición do cadro técnico das Seleccións Galegas nas súas diferentes categorías. Sendo os combinados infantís e cadetes os primeiros en abrir xogo nesta 2019 - 2020, é tamén a identidade dos seus Seleccionadores e axudantes a primeira en darse a coñecer.

Coas incorporacións máis destacadas de Óscar Díaz, debutando como Seleccionador Galego en categoría cadete Masculina; e o regreso de Ruben Vázquez á cadete Feminina tras a súa pasada experiencia como seleccionador minibasket en 2018, configúrase o novo cadro técnico 2019 – 2020 do seguinte xeito:

Seleccións Galegas 2019 - 2020


Selección Galega Cadete Feminina
Seleccionador: Rubén Vázquez (Maristas A Coruña)
Axudante: David Bernárdez (CD Bosco)
Delegada: Paula García López (Universitario Ferrol)

Selección Galega Infantil Feminina
Seleccionadora: Nacary Rojas (Bosco Salesianos)
Axudante: Miguel Ángel Castro (CBCA)
Delegada: Silvia Caíño (CD Bosco)


Selección Galega Cadete Masculina
Seleccionador: Óscar Díaz (SD Tui)
Axudante: Héctor Méndez (Básket Xiria)
Delegado: Roi Vega (CB Culleredo)

Selección Galega Infantil Masculina
Seleccionador: Javier Peinó (Estudiantes Lugo)
Axudante: Sergio González (Seis do Nadal)
Delegado: Xoel Folgueiras (Santo Domingo Betanzos)


Estrea en Marín
Este novo grupo de traballo pasará a acción de xeito inminente. Así, esta mesma fin de semana, 7 e 8 de setembro, terá lugar en Marín a primeira concentración da temporada. 18 xogadores, e outras tantas xogadoras por cada preselección, están convocadas para este debut baixo unhas listas que aquí achegamos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka