Deporte Galego

Fases Finais Minibasket e Preminibasket FGB e Babybasket: calendario e equipos participantes

  • 29 Maio 2019 |

Federación Galega de Baloncesto, Concello de A Estrada e EDM A Estrada suman de novo as súas forzas para, por cuarta temporada consecutiva, dar forma ás Fases Finais das Ligas de 1º Divisón e 2º División Minibasket e Preminibasket FGB, así como a clausura da competición Babybasket. 

 

Durante estas dúas datas, o Pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá un total de 44 partidos no marco das Fases Finais Mini e Premini. Estos disputaranse repartidos en catro pistas de xogo durante sábado e domingo, dilucidando ao remate da xornada dominical a  identidade dos Campións galegos das seis categorías en liza. Pola súa banda, os 12 equipos inscritos na Clausura Babybasket aproveitarán a tarde do sábado (de 16.00 h a 20.00 h) para desputar o maior número de encontros posibles baixo o seu formato 4x4 e repartidos en dous grupos de seis equipos. 

IMG 2341

A Estrada acolleu este mércores a presentación desta fin de semana de puro basket

A cita terá lugar esta fin de semana, 1 e 2 de xuño; levando ata o Pavillón Manuel Coto Ferreiro a un total de 56 equipos (44 clasificados para as Fases Finasi e 12 para o Babybasket), que volverán a converter a Estrada na "Capital Galega do Minibasket". Así mesmo, tomarán parte un total de 45 oficiais de mesa e 24 colexiados do Comité Galego de Árbitros, contando estos últimos coa posibilidade, gracias ao convenio que manteñen a Academia Galega de Seguridade Pública e a Secretaría Xeral para o Deporte, de pernoctar, de balde, na instalacións da primeira durante a fin de semana de xogo. 

Nos documentos que achegamos remitimos o Calendario das Fases Finais las Lifas FGB Minibasket e Preminibasket de 1º e 2º Divisisión, así como a relación de equipos participantes no Babybasket. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka