II Día do Adestrador: Fichas Temáticas para a "Mostra de Tarefas"

Martes, 14 Maio 2019 10:23

O anunciado é debeda. O “II Día do adestrador” vivirá a súa segunda edición o 9 de xuño e con ela chegan as “Tarefas Estrela” novidade xa anunciada AQUÍ e da que hoxe facemos pública a súa ferramenta de presentación: as FICHAS TEMÁTICAS. 

Para participar desta actividade, aberta a todos os adestradores que o desexen, será preciso dispoñer destas fichas oficias, listas para a súa descarga. Deste xeito, os adestradores e adestradoras que desexen presentar as súas propostas poden facelo, desde xa, en torno a cinco posibilidades temáticas (Construción ofensiva, Construción defensiva, Fundamentos técnico- tácticos ofensivos, Spacing- timing- extra pass, Transición ofensiva e Balance defensivo) a presentar nas súas fichas correspondentes, acompañadas de soportes de vídeo, e preparadas para unha duración expositiva de, máximo, un minuto e 30 segundos.

Lembramos que todos os traballos deberán enviarse antes do 30 de maio vía mail á dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. . Os valorados como os 20 mellores incorporaranse ao programa do “II Día do Adestrador” proxectándose esa mesma data da man dos seus propios autores e baixo a coordinación de Antonio Pérez Caínzos e Román Gómez, responsables da “Mostra”.

Animádevos a participar! De feito, así vos convida a facelo o Director Técnico, e unha das alma máter deste proxecto, Antonio Pérez: 

D6hCZ9cXoAAIcJf

Formación

Tienda online

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 shuka 

© 2019 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.