Deporte Galego

1º División Masculina: TOP QUALITY CARS Cambre acada o ascenso a EBA

  • 02 Maio 2019 |

Unha praza de ascenso a liga EBA ponse en xogo esta fin de semana e ao seu destino definitivo tomou rumbo a Cambre. Unha 1º División Masculina que xa coroara en pasadas datas a Obradoiro Silleda como o seu líder, buscou este domingo ao seu subcampión, enfrontando en Ferrol (Pavillón Javier Gómez Noya) aos dous vencedores das semifinais da FAse definitiva: Club Baloncesto Costa Ártabra, anfitrón da fase final; e Baloncesto Cambre. 

Galería de Imaxes - Campións e Subcampións Ligas FGB 2018 - 2019

En dobre xornada, e baixo o formato de semifinais e final, competiron o propio BBCA Castelo San Felipe (2º clasificado Liga Regular), TOP QUALITY CARS Cambre (3º clasificado Liga Regular), CALVO Basquet Xiria (4º clasificado Liga Regular) e Universitario Campus Ourense (5º clasificado liga Regular). As semifinais do sábado permitiros aos locais optar ao soño do ascenso, posibilidade que tamén tiña ao seu alcance Cambre e que, finalmente, non deixou escapar nunha final que pode volver a vivirse vía FEGABATV. 

Fase Final 1º División Masculina 

Semifinais - 04/05/19
(18.00 h) BBCA Castelo San Felipe – Universitario Campus Ourense (X) (62 - 53)

(20.00 h) TOP QUALITY CARS Cambre – CALVO Basquet Xiria (Y) (78 - 63)

Final - 05/05/19 
(17.00 h) BBCA Castelo San Felipe – TOP QUALITY CARS Cambre (53 - 75)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka