Deporte Galego

Monbus Obradoiro – Tecnyconta Zaragoza: regresa o Partido do Federado

  • 28 Marzo 2019 |
Monbus Obradoiro – Tecnyconta Zaragoza: regresa o Partido do Federado
(Foto: Obradoiro CAB)


A Federación Galega de Baloncesto volve a ser protagonistas unha temporada máis, e gracias a Obradoiro CAB, do “Partido do Federado”, cita a celebrar nesta ocasión o vindeiro 6 de abril (20.30 h) enfrontando ao propio equipo compostelá e ao seu visitante, o Tecnyconta Zaragoza.

Neste encontro especial, os federados con licenzas na FGB poden mercar xa entradas a 9€ en Tribuna 2 ou a 15€ en Tribuna 1. Estas poderán adquirirse ata o propio día do partido a través da web do clube, rexistrándose previamente, ou nas súas oficinas de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, así como na taquilla o día de partido. Cada federado poderá realizar a súa compra online empregando o código FEGABA1819

Así mesmo, durante o descanso, Obradoiro CAB realizará unha homenaxe ás nosas Seleccións Galegas Cadete, Infantil e Minibasket, as cales ven de participar nos Campionatos de España, ou, no caso mini, farano ben pronto. Xunta a elas estarán tamén en Sar os seus cadros técnicos, así como os colexiados que tomaron parte nas indicadas citas nacionais.

O prezo das entradas deste partido para o público en xeral é de 25€ en Fondos, 35€ en Tribuna 2, 39€ en Tribuna 1 e 45€ en Retráctil. Os prezos en Tarifa Xuvenil (entre 13 e 17 anos) son 19€ en Fondos, 25€ en Tribuna 2, 29€ en Tribuna 1 e 35€ en Retráctil. Na Tarifa Infantil (entre 5 e 12 anos) os prezos son de 15€ en Fondos, 19€ en Tribuna 2, 25€ en Tribuna 1 e 29€ en Retráctiles.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka