Deporte Galego

O proxecto "O Baloncesto Educa” pasa á acción

  • 17 Xaneiro 2019 |

O proxecto de formación en valores “O Baloncesto Educa", promovido pola Federación Galega de Baloncesto, estréase esta fin de semana en competición oficial de Minibasket.

Dous dos oito clubs implicados nesta novidosa iniciativa serán os primeiros en poñer en práctica as bases dun formato que busca destacar a capacidade do baloncesto como transmisor de valores positivos grazas á colaboración directa de todos os actores dun encontro de liga federada.

R.C. Celta Baloncesto e CB Sarria abrirán este sábado e domingo, 19 e 20 de xaneiro; a fase práctica do proxecto na que adestradores, mediadores dos clubs e das familias, así como os árbitros, analizarán desde a súa perspectiva aqueles factores de comportamento que se sucederán durante os seus partidos como equipos locais:

Liga Gallega Minibasket Feminina
Academia Celta Grupo Viqueira - CLB (20/01/19 - 17.00 h)

2º División Zonal Minibasket Feminina
María T. Martínez Dental Sarria - Franciscanos (20/01/19 - 16.00 h)

As súas opinión validaranse posteriormente en forma de puntos, que irán acumulándose nun casilleiro para cada equipo como mostra do seu progreso.
En posteriores xornadas das Ligas FGB incorporaranse a estre traballo de análise os restantes clubs protagonistas do proxecto: CB Arxil, Escola Basket Xiria, AD. Valle Inclán, Bosco Salesianos Ourense, Club Carmelitas Vedruna Ourense e Club Baloncesto Costa Ártabra.

O baloncesto, ferramenta necesaria
“O Baloncesto Educa” busca coa súa metodoloxía premiar e recoñecer os comportamentos respectuosos e óptimos que deben rexer no Baloncesto galego, primando a reflexión que entre todos os participantes do proxecto se está xa a levar a cabo da man do responsable do mesmo: Millán Brea, educador social.

Os froitos da labor de “O Baloncesto Educa", así como o seu día a día, poden seguirse nas súas redes sociais oficiais @obaloncestoeduca en Instagram e Facebook



volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka