A Federación Galega de Baloncesto seguirá contando con Caixabank como principal aliada e colaboradora directa no seu programa anual de eventos e traballo; manténdose así a entidade bancaria como apoio central das diferentes competicións federadas do Baloncesto Galego e da labor de promoción e captación que realiza o seu Comité de Árbitros.
Esta suma de forzas ven a ampliar tamén o obxectivo común de visualizar e transmitir os valores positivos que tanto o baloncesto, como a práctica do deporte representan; e co que ambas as institucións se senten identificadas.