Deporte Galego

Campionato de Seleccións #KDTINF2019 - 05/01/19: resultados galegos

  • 05 Xaneiro 2019 |
Campionato de Seleccións #KDTINF2019 - 05/01/19: resultados galegos
(Foto: Baloncesto FEB)

Último día de competición da Fase Previa no Campionato de España de Seleccións 2019. Consulta os resultados deste sábado, e o programa de cruces do domingo, no que disfrutaremos de dúas semifinais en feminino, e da loita por manter a categoría especial en Masculino!! 

Resultados e Clasificacións 

CESA GOL TELEVISIÓN: Encontros en directo

GALERÍA DE IMAXES

RESULTADOS GALEGOS #KDTINF2019 - Fase Previa: 05/01/19

CADETE FEMININO – PREFERENTE D

Galicia, Castilla la Mancha, Murcia e Extremadura.

(15.30 h) (X3) Galicia - Extremadura (104 - 57) (estatística)

Galicia enfrontábase ao rival máis directo da fase previa e notouse. As xogadoras de Fernán Varela tardaron en entrar no partido, sufrindo nos primeiros tres minutos minutos o seu peor momento de xogo. Tras este susto inicial, mellorou a situación a base de recuperar o acerto habitual e o ritmo de xogo, dándolle, con isto, a necesaria volta a un marcador (19 – 13) que xa non deixaría de ser favorable. Con esta vantaxe de seu lado, e comezando a sentirse moito máis cómodas, en el as galegas comezaron a ampliar a súa marxe no electrónico, dominando xa a situación no descanso (53-27)

Na segunda metade, Galicia esforzouse por estender a dinámico positiva, dominando as ocasións de rebote, mellorando o acerto desde a liña de tres e gozando dun gran porcentaxe en tiros de dous puntos.

A rotura definitiva do partido chegou no terceiro cuarto (80 - 49) cunha ampla vantaxe que permitía certa relaxación pero sen descoidar o obxectivo. Tras un lixeiro baixón de intensidade, e entrados no derradeiro cuarto, Galicia realizaba o seu último esforzo e levaba o luminoso á barreira dos 100 puntos.

Na xornada de mañá, toca competir nas Semifinais Preferente (15.30 h). O premio en xogo: unha praza de ascenso a Especial. 

INFANTIL FEMININA - ESPECIAL B

Galicia, Comunidad Valenciana, Illas Baleares, Extremadura e Andalucía.

(13.30 h) (X5) Andalucía - Galicia (53 - 67) (estatística)

Vibrante encontro entre dous semifinalistas o vivido esta mañá entre galegas e andaluzas. As infantís de Nacary Rojas e as xogadoras locais saian á pista para decidir quen sería 1º do seu grupo, e con isto, dar un golpe de autoridade na mesa.

Ambos os equipos imprimiron un ritmo endiablado ao encontro e ao seu xogo, tanto en ataque como en defensa. Os primeros dez minutos alternaron rápidas canastras nun reflexo do que sería a dinámica do partido. Nin galegas nin andaluzas querían perder o chance de liderar o ritmo e o marcador, deixando pasar con igualdade uns veloces primeiros dez minutos. 

O segudo cuarto presentou a unha Galicia máis atrevida que o rival, facendo circular o balon con profundidade e gozando dun acerto que as deixaba 8 puntos arriba no descanso. (27 – 36). Pola contra, o inicio da segunda metade foi netamente andaluz, un parcial 0 – 7 ao seu favor durante os primieros cinco minutos tardou en atopar a reacción galega, a cal chegou grazas a unha tripla que de novo isuflaría ánimos nas de Nacary. Por tanto, todo quedaba por decidir con Galicia, de novo 9, puntos por diante. 

Os minutos da sentencia recibiron a unha Galicia que soubo non precipitarse na busca da canastra a pesares da boa presión rival. Un goteo constante de acerto e de productivos rebotes elevaba ao equipo galego á unha vitoria que a convertía en primeira de grupo e semifinalista de pleno dereito.

A gran cita agora será este domingo, 6 de xaneiro, ante Madrid (19.30h). Unha praza na final deste #KDTINDF2019 estará en xogo.

INFANTIL MASCULINA - ESPECIAL A

Galicia, Comunidad Valenciana, Andalucía, País Vasco e Madrid.

(09.30 h) (X4) Galicia – País Vasco (67 - 60) (estatística)

Vital e primeira vitoria do Campionato para o equipo de Javier Peinó. Costoulles arrincar aos galegos nun encontro no que todavía amosaron parte das debilidades arrastradas nas derrotas da xornada anterior, pero no que souberon atopar o punto de ritmo desaparecido ata entón. Unha primeira metade equilibrada para ambos equipos rompeuse nun segundo cuarto de maior presenza galega, o que permitiu aos nosos infantís marchar ao vestiario coas opcións intactas, pero co rival aguantando. 

Ao regreso do vestiario, Galicia saiu algo menos temerosa á hora de facer circular o balón e facendo gala dunha boa defensa e máis acerto que o rival nos momentos difíciles. Esta combinación garantía a súa vantaxe no electrónico, pero seguía sen ser suficiente para xogar con tranquilidade. E esta non se rexistrou ata o asubío final, deixando uns últimos dez minutos con novas dúbidas no ataque galego, pero co control preciso dos nervos para reter a vitoria (67 - 60).

(17.30 h) (X5) Madrid - Galicia (85 - 45) (estatística)

Derrota para Galicia nun encontro marcado polo diferencia física entre ambos equipos. O equipo de Javier plantou cara durante a primeira parte do encontro. Para, na segunda metade recibir o correctivo madrileño.

Os dous primeiros cuartos tiveron presenza galega, mantendo o ritmo e destacando nos segundos dez minutos polo seu acento ante canastra, sobre todo nos tiros exteriores, responsables de permitir un marcador ainda aberto no tempo de descanso.

Ao regreso dos vestiarios, a cara do encontro mudou e Madrid asumiu a reponsabilidade do xogo subindo o nivel defensivo e apretando líneas de pase. Galicia responsía negativamente aumentando as perdas de balón e sen capacidade de reacción.

Finalmente, un último e abultado parcial a favor dos intereses rivais (20 – 0) ratificaba a vitoria Madrileña e deixaba a Galicia como cuarta clasificada do seu grupo, tendo que defender nas cruces clasificatorias a súa praza en especial.
Esta oportunidade virá ante Cantabria este domingo ás 17.30 h

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka