Deporte Galego

Campionato de Seleccións #KDTINF2019 - 04/01/19: Galicia infantil feminina, a semifinais

  • 04 Xaneiro 2019 |

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no segundo día de competición dentro da Fase Previa Campionato de España de Seleccións 2019. O remate deste intenso venres déixanos todo por decidir en categoría cadete e en infantil masculina; e coa inmellorable nova da clasificación matemática das nosas infantís para as SEMIFINAIS do domingo, seis de xaneiro! 

Web Oficial 

Resultados e Clasificacións 

CESA GOL TELEVISIÓN: Encontros en directo

RESULTADOS GALEGOS #KDTINF2019 - Fase Previa: 04/01/19 

GALERÍA DE IMAXES

CADETE FEMININO – PREFERENTE D

Galicia, Castilla la Mancha, Murcia e Extremadura.

(15.30 h) (X2) Castilla la Mancha - Galicia (38 - 93) (estatística)

Ampla vitoria do equipo de Fernán Varela ante unha Castilla la Mancha que foi quen de manter a Galicia agazapada nos primeiros dez minutos, pero incapaz de aguantar esta presión durante o resto do encontro.

O primeiro cuarto de partido pecou de nervios entre as Galegas, amosándose menos competitivas do necesario para poder superar o duelo con tranquilidade, e deixando que as manchegas mantiveran opcións. Pero foi entrado o segundo tempo cando Fernán Varela soubo imprimir a velocidade precisa nas súas xogadoras. Este plus de ritmo, e un maior acerto ante canastra, determinou o dominio total galego, permitindo incrementar paulatinamente a marxe de puntos a favor entre os 20 no descanso, e uns contundentes 40 puntos no cese do terceiro cuarto (27 – 67)

Nos derradeiros dez minutos, mesma dinámica sobre a pista e nova e contundente diferencia a favor blanquiazul.

INFANTIL FEMININA - ESPECIAL B

Galicia, Comunidad Valenciana, Illas Baleares, Extremadura e Andalucía.

(19.30 h) (X4) Galicia - Extremadura (65 - 13) (estatística)

Galicia mantense invicta neste #KDTINF2019 e marca claro o seu rumbo cara as semifinais e ainda cun último partido da fase previa por desputar (Galicia - Andalucía. 13.30 h - 05/01/19).

O equipo que dirixe Nacary Rojas sumou ante Extremadura a súa terceira vitoria do Campionato e fíxoo completamente enchufada dende o minuto cero. Un primeiro cuarto coas galegas marchándose dezaoito puntos arriba (22 - 4) deixaba patente o seu dominio na pista. Esta distancia asinada nos primeiros dez minutos marcaría o devir de todo o partido, sufrindo no segundo cuarto os seus momentos de maior imprecisión e nervios, pero sendo capaces de remontalos con creces, e axudadas polo acerto ante canastra. Ao remate un novo trunfo na Fase Previa que vale, a falla da clasificación final do seu grupo Especial B, por un pase ás semifinais.

CADETE MASCULINO – ESPECIAL B

Galicia, Cataluña, Andalucía, País Vasco e Canarias.

(11.30 h) (X3) Galicia – País Vasco (74 - 49 (estatística)

Galicia comezou en positivo a súa xornada clave desta fase previa. Con dous partidos a afrontar este venres, o equipo de Tito Díaz abriu a xornada ante País Vasco controlando o xogo dende os primeiros compases. Un madrugador parcial inicial de 17 – 0 ao seu favor deixaba claro que era o dono do encontro e quen pretendía prolongar esta situación. Así, Galicia encaraba os vestiarios ao descanso 21 puntos arriba.

A segunda metade do encontro repetiu o esquema de superiorioridade galega, aproveitando Tito Díaz para realizar máis rotacións e administrar descanso de cara ao encontro desta tarde. Ao remate, unha vitoria clara (74 - 49) e un punto máis de confianza na mentalidade do equipo.

(19.30 h) (X4) Canarias - Galicia (65 - 60) (estatística)

Duelo equilibrado de forzas ao máximo nivel competitivo o protagonizado por galegos e canarios. Con todo por decidir no seu grupo, os dous equipos imprimiron velocidade e tensión a un partido que se decidiu nos últimos compases.

A igualdade durante a maior parte dos minutos veu derivada do bo facer por ambas as bandas, tanto en defensa como en ataque. Galicia buscaba en todo momento levar unha iniciativa que lle permitira liderar o xogo e o marcador. O equipo de Tito Díaz volvía a ensinar sobre a pista as súas opcións a optar a todo neste campionato e a facelo coas máximas garantías, as mesmas que lle permitían chegar ao descanso oito puntos arriba (30 – 38).

O regreso dos vestiarios non rebaixou o ritmo dos protagonistas, pero foi Canarias quen afinou o seu acerto para recuperar a vantaxe perdida e, cun parcial de 18 – 9, complicar as aspiracións galegas. Todo quedaba así por decidir.

Os últimos dez minutos, os máis broncos de todo o encontro, foron fiel reflexo da tensión reinante, a cal non foi capaz de deter a velocidade galega e a súa boa tarefa defensiva, pero sí o seu acerto nos instantes finais da toma de decisións ante canastra.

Finalmente, cinco puntos de diferencia asinarían a derrota galega no electrónico, pero non reflectirían a capacidade competitiva dun equipo, o de Tito Díaz, que mantivo o tipo física e mentalmente ata a bucina no seu esixente segundo encontro do día. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka