Deporte Galego

“IX Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”

  • 03 Decembro 2018 |

A FGB, en colaboración con CAIXABANK, Caldos Aneto e Creative Textil; activa unha temporada máis o seu xa tradicional  “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que busca elixir a postal que, vinculando o Baloncesto e o Nadal, desexará boas festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto.

 

Cumprindo neste 2018 a súa novena edición, o Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal" permanece aberto ata o vindeiro 18 de decembro; convidando a participar a todos os xogadores e xogadoras de categorías preminibasket ata cadete que así o desexen.

As bases e principais requisitos do Concurso poden consultarse xa no documento que achegamos, definindo ademáis no mesmo o carácter dos agasallos que recibirán os autores ou autoras das postal vencedora e da segunda clasificada.

Así mesmo, indicar que as primeiras 20 postais recibidas para formar parte do concurso contarán con recoñecemento a través dun detalle da FGB para cos seus creadores.

Animámosvos a participar!! 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka