Deporte Galego

Master Sénior League: 13 xornadas fomentado a competición sénior 3x3

  • 30 Novembro 2018 |

A Master Senior League continúa o seu curso co liderado indiscutible do Policlínica Patricio Serqueira. A competición de baloncesto 3x3 para maiores de 30 anos ten no pavillón Fexdega de Vilagarcía o seu lugar de xogo grazas á colaboración prestada pola Federación Galega para levar a cabo co obxectivo de que se estenda a idea desta competición pioneira no maior número de cidades galegas.

Trece xornadas disputadas e trece vitorias é o impoluto balance do actual líder dunha competición que conta con trece equipos participantes e case un centenar de xogadores que gozan do deporte que practicaron desde sempre nun ambiente que conxuga deporte, diversión e bo ambiente. O "Rock Bar Miudo" séguelle os pasos na táboa cun balance de 11 triunfos e 3 derrotas, lixeiramente por diante na táboa de Te lo Reservo-6,25 e do Andaina-Estrella Floja, ambos a só un partido dese segundo posto.

Cocinas Santos, A Despensa-Os Remolóns e Pastelería Yoli- Classic Team están situados na zona media da clasificación mentres que por baixo aparece un múltiple empate a 4 triunfos e 10 derrotas formado por Tintorería Ría de Arousa-Pub Sold Out, Pub La Bolsa, Churrabasket- MoBu Deportes, Soher Slam Basket e Chantre- Alvamar. Pecha a táboa o Duende - Angry Cats cun balance de 2-12.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka