Deporte Galego

Ourense e Vigo estrean "O Baloncesto Educa"

  • 28 Novembro 2018 |

“O Baloncesto Educa”, proxecto formativo impulsado está temporada pola Federación Galega de Baloncesto, comeza a súa andaina visitando as cidades de Ourense e Vigo.

Da man de R.C. Celta Baloncesto e Club Carmelitas Vedruna, dous dos oito clubs galegos que son parte desta iniciativa pioneira, os responsables da mesma realizaron esta semana as primeiras reunións establecidas para arrincar o proxecto.

Co obxectivo de reunir aos diferentes protagonistas que conforman o baloncesto galego para reflexionar en común sobre comportamentos, reaccións e decisións tomadas por todos durante os partidos de competición oficial, a Federación Galega de Baloncesto realizou estas primeiras tomas de contacto cos adestradores de R.C. Celta Baloncesto e Club Carmelitas Vedruna, acompañados polo colexiados do Comité Galego de Árbitros en cada localización. Neste marco de debate, puxéronse sobre a mesa as inquedanzas, dúbidas e reflexións precisas para arrincar unha plataforma que busca revalorizar o papel do baloncesto como transmisor de valores dende as categorías base.

Experiencia piloto
Esta primeira edición de “O Baloncesto Educa” toma como referencia un equipo de categoría minibasket de cada un dos oito clubs participantes, conformando xunto a eles, así como cos seus adestradores, xogador@s e familias dos mesmos, a primeira peza dun puzzle que completan os árbitros e o persoal mediador elixido pola FGB para dirixir esta estrutura.

Todos os implicados son parte dun traballo de concienciación e avaliación que ao remate da experiencia validarase en forma de puntos, que se irán acumulando nun casilleiro para cada equipo como mostra do seu progreso.

Calendario e Clubs
O calendario deste proxecto sumará novas visitas de xeito inmediato cos restantes clubs implicados. Así, Club Baloncesto Costa Ártabra o vindeiro luns, tres de decembro; e Club Baloncesto Sarria e AD Valleinclán, os días catro e cinco, respectivamente; continuarán a estender a iniciativa. Posteriormente, e con data por confirmar, Basket Xiria, Bosco Salesianos Ourense e CB Arxil pecharán esta rolda de primeiras reunións.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka