Deporte Galego

A Xunta incorpora á Federación Galega de Baloncesto á súa campaña de sensibilización contra a violencia de xénero

  • 14 Novembro 2018 |

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración neste sentido co presidente da Federación, Francisco Martín.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Federación galega de baloncesto, Francisco Martín, co obxectivo de sumar aos clubes deste deporte á loita contra a violencia de xénero e ao compromiso coa igualdade entre homes e mulleres.

No acto tamén tomaron parte representantes dos equipos Obradoiro CAB, CB Breogán, Universitario Ferrol, Ensino Lugo, Basquet Coruña, Bosco-Celta, CB Arxil e o Maristas Coruña.

En virtude deste acordo, e con motivo da celebración o próximo 25 de novembro do Día internacional contra a violencia de xénero, os xogadores e xogadoras levarán pañoletas violetas, ademais de que os clubes difundirán tamén a campaña da Xunta contra a violencia de xénero.

O obxectivo desta iniciativa é seguir sumando a distintos sectores da sociedade á loita activa contra esta lacra todos os días do ano. Neste sentido, o deporte xoga un papel fundamental polo seu número de afeccionados e afeccionadas, pola súa repercusión social e pola súa importancia na formación das xeracións máis novas, especialmente no que se refire ao deporte base.

Por iso, a Xunta está facendo especial fincapé neste eido. O ano pasado esta liña de traballo comezaba coa adhesión pioneira da Federación Galega de Fútbol á campaña do 25 de novembro. Este ano xa se asinou tamén un convenio de colaboración coa Federación de balonmán, e hoxe súmase tamén o baloncesto.

Para a Administración autonómica a loita contra a violencia de xénero e o compromiso pola igualdade son asuntos de máxima prioridade, que se abordan de xeito transversal e en distintas fases como a prevención, a sensibilización ou a asistencia ás vítimas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka