Deporte Galego

O Baloncesto galego dá un paso adiante na formación en valores

  • 12 Novembro 2018 |

A Federación Galega de Baloncesto impulsa o proxecto “O Baloncesto Educa”. A entidade federativa, coa colaboración de oito clubs de diferentes puntos da nosa Comunidade, dá o primeiro paso dunha iniciativa que busca crecer a través do fomento dos valores positivos que o Baloncesto atesoura.

R.C. Celta Baloncesto, Escola Basket Xiria, C.B. Sarria, C.B. Arxil, AD. Valle Inclán, Bosco Salesianos Ourense, Club Carmelitas Vedruna Ourense e Club Baloncesto Costa Ártabra serán os primeiros clubs convidados a dar vida a este proxecto, que aspira a estenderse no tempo e poder contar con máis participantes en vindeiras temporadas.

Na súa estrea nesta 2018 - 2019 tomaranse como referencia un equipo de categoría minibasket de cada un dos oito clubs participantes, conformando xunto a eles, así como cos seus adestradores e familias, a primeira peza dun puzzle que completarán os árbitros e o persoal mediador elixido pola FGB para dirixir esta estrutura.

Todos os implicados pasarán a ser parte dun traballo de formación, concienciación e avaliación que comezará o vindeiro 19 de novembro. Cun calendario de reunións marcadas previamente, analizarán comportamentos, reaccións e decisións tomadas por todos durante os partidos de competición oficial. Estas validaranse posteriormente en forma de puntos, que irán acumulándose nun casilleiro para cada equipo como mostra do seu progreso.

A través desta metodoloxía, “O Baloncesto Educa” buscará premiar e recoñecer os comportamentos respectuosos e óptimos que deben rexer no Baloncesto galego, primando a reflexión que entre todos os participantes do proxecto se levará acabo.

Os progresos e evolucións desta primeira edición de “O Baloncesto Educa” poderán seguirse a través da web oficial FGB, así como nas súas redes sociais.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka