Final #copagalicia: Cafés Candelas Breogán, campión

Mércores, 24 Octubre 2018 09:24

Doce. Ese é o numero de Copas Galicia que dende a noite deste mércores conta no seu haber o Cafés Candelas Breogán tras impoñerse na final da edición 2018 ante Monbus Obradoiro. Nun encontro que regalou incertidume ata o final, os lucenses sumaron un trofeo que os manten como líderes históricos no Palmarés da Copa Galicia. Parabens!

Galería de Imaxes - Final Copa Galicia

 

Final Copa Galicia Sénior Masculina 2018  (Pavillón da Raña. Marín)

(21.00 h) Monbus Obradoiro - Cafés Candelas Breogán (14 - 22, 24 - 26, 19 - 14, 17 - 13) (74 - 75)

Árbitros: Vicente Bultó, Jacobo Rial e Jorge Martínez. 

1-IMG 4811

 

Salva Arco recibiu a Copa Galicia de mans da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez

 

1-IMG 4754

 

Pepe Pozas, MVP do encontro, recolleu o trofeo de Subcampións, entregado pola Alcaldesa de Marín, María Ramallo

Copa Galicia Sénior Masculina 2018: resultados fase previa e fase final

Cafés Candelas Breogán e Monbus Obradoiro repetiron duelo ao máximo nivel por segunda vez nunha semana. Co antecendente inmediato da vitoria dos lucenses na Liga Endesa (69 – 56), o esquema do encontro veu marcado pola súa superioridade no electrónico ata ben entrada a segunda parte desta cita.

Tras uns primeiros intres de igualdade e ritmo ben contrarresrados por ambos os equipos, os xogadores que dirixe Nacho Lezkano impuxeron a primeira das distancias importantes no marcador, trazando unha liña que parecía ser a máis clara para facerse co encontro (22 – 14. 1Q)

Cafés Candelas Breogán parecía ter tomada xa a medida da Copa e amosouno no progreso de todo o segundo cuarto (2Q. 48 – 38) e boa parte do terceiro, pero Monbus Obradoiro non quería deixar escapar a posibilidade de sumar a que sería a súa novena Copa Galicia consecutiva; e foi quen de recurtar as distacias precisas para entrar con todas as opcións no derradeiro pase do encontro.

Nestes últimos dez minutos, de tenteo cada vez máis axustado, Monbus Obradoiro entrou cinco puntos abaixo pero acertado en ataque, conseguía estreitar o marcador forzando a incertidume ata os derradeiros segundos, nos que, in extremis, buscou a vitoria de man de Kyle Singler cun tiro de tres puntos que non se materializou. A vitoria  resultaba así breoganista (74 – 75), rompendo a hexemonía santiaguesa das últimas edicións da Copa Galicia.  

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.