Xornada inaugural para a "Master Senior League"

Venres, 19 Octubre 2018 11:44

A Master Senior League arrincou este xoves o que é o seu sexto ano de existencia. A competición de 3x3 para xogadores de máis de 30 anos non federados volveu á carga cun total de 13 equipos e preto de 90 xogadores repartidos nas súas filas.

A Federación Galega de Baloncesto e a ADC EncestaRías, organizadora do evento, uniron forzas para proxectar o fomento desta competición pioneira en toda Galicia. Ambas as partes asinaron hai escasos días o convenio polo que traballarán da man polo fomento do baloncesto 3x3 para veteranos.

O formato da competición, que celebrou onte a súa xornada de estrea, será de liga regular e a cuxo remate se celebrarán os play - off. Tamén terá lugar a Copa MSL e mesmo xornadas festivas para potenciar o carácter lúdico e de deporte-saúde que é o auténtico fin desta idea.

Os equipos participantes este curso son: Te Lo Reservo-6,25; Pub La Bolsa; Rock Bar Miúdo; Pastelerías Yoli-Classic Team; A Despensa-Os Remolóns; Soher Slam Basket; Churrabasket-MoBu Deportes; Tintorería Ría de Arosa-A Esmorga; Policlínica Patricio Serqueira; Chantre-Alvamar; Andaina-Estrella Floja; Cocinas Santos e Duende-Angry Cats.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, a organización ofrecerá aos xogadores todo o necesario para que gocen do baloncesto e do ambiente que lle rodea. Mesmo, ademais dos habituais agasallos de cada tempada, tamén haberá convivencias fóra da pista e a posibilidade de poder acudir a presenciar partidos da liga ACB.

Inscrición
Ao contar con equipos impares nesta edición, a ADC EncestaRías mantén aberta a inscrición en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou no teléfono 609005578. Desta forma mantense a porta aberta para todo aquel que queira gozar da experiencia de gozar do baloncesto nun formato divertido e máis apropiado para a idade dos participantes.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.