Estrea dos talleres formativo para os alumnos do CAD Peleteiro - FGB

Xoves, 11 Octubre 2018 15:52

O CAD Peleteiro FGB vive o seu primeiro mes de formación a pleno rendemento. O ciclo inicial de grado medio para a formación en Baloncesto que Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro arrincaron con éxito nesta temporada 2018 – 2019 está a establecer as súas sólidas bases da man de 33 alumnos e un completo cadro de profesores.

Cun total de 430 horas lectivas, repartidas entre carácter presencial e online, este ambicioso proxecto, ofrecerá este sábado, 13 de outubro; a primeira actividade presencial das que ao longo de todo o ano complementarán a carga educativa continua que os alumnos reciben a través da “Plataforma Online FGB”.

Nas instalacións do colexio Manuel Peleteiro, os alumnos do CAD participarán dun taller exclusivo que os formará en Novas Tecnoloxías, e farano da man da adestradora superior e doctora en Ciencias da Actividade Física e Deporte, Iria Uxia Romarís, actualmente integrante do cadro técnico do CB Culleredo de Liga EBA e categoría júnior; e con experiencia previa durante as últimas sete temporadas en clubs como Xuventude Cambados (Liga EBA e LEB Prata) e Basquet Coruña (LEB Ouro).

cad1

Iria Uxia impartirá aos alumnos do CAD FGB Manuel Peleteiro os fundamentos do uso e a aplicabilidade das novas tecnoloxías na área da formación en Baloncesto, dándolles a coñecer diferentes tipos de ferramentas, programas e aplicación para mellorar o control e desenvolvemento da avaliación da aprendizaxe e rendemento de xogadores e equipos.

A participación da adestradora galega neste primeiro trimestre do CAD Manuel Peletiero dará o psitoletazo de saída a unha serie de actividades que outorgarán un plus á xa de por si estructura do CAD, tano no seu bloque común como no específico, grazas a contar con adestradores e profesionais do basket ao máis alto nivel.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.