Deporte Galego

Regresa a “Xuntanza Minibasket”

  • 11 Octubre 2018 |

A Área Deportiva FGB renova a confianza unha temporada máis no formato “Xuntanza”, destinado ao traballo de seguimento e tecnificación concentrando a categoría minibasket durante unha xornada en sede autonómica única.

A Federación Galega de Baloncesto reunirá así este venres, 12 de outubro; en Santiago de Compostela (Pavillón do Restollal) a 14 combinados zonais, sete en masculino e sete en feminino, correspondentes as delegacións xeográficas FGB; e a dous grupos de xogadores e xogadoras que representarán a dous equipos combinados de toda Galicia. 

Serán en total 16 "seleccións" que vivirán, en horario de mañá e tarde, unha xornada lúdica e deportiva composta por 16 partidos máis encamiñados a avaliación técnica e aprendizaxe que ao puro espíritu competitivo.

O calendario de xogo, repartido en tres pistas diferentes; así como as listas de xogadores, xogadoras e técnicos que colaborarán coa FGB nesta convocatoria detállanse nos documentos que se achegan.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka