FGB e Master Sénior League renovan o seu acordo

Martes, 09 Octubre 2018 14:33

A única competición de veteranos de baloncesto en formato 3x3 en toda Galicia, a Master Senior League, volverá contar co apoio da Federación Galega os próximos dous anos grazas ao convenio asinado este martes entre ambas as partes en Vilagarcía, estando representadas ambas polos seus máximos responsables Francisco Martín, presidente da FGB, e Diego Doval, presidente de EncestaRías.

O obxectivo común que se persegue será o de promocionar este formato de competición noutras cidades galegas ata poder crear un circuíto autonómico de baloncesto para veteranos multiplicando os efectos da pioneira iniciativa xurdida en Vilagarcía fai xa cinco anos grazas á Asociación EncestaRías.

Francisco Martín, presidente da FGB, selou o acordo non sen antes destacar que “o formato MSL é moi exportable a toda Galicia e o noso propósito é, a teor da boa acollida en Vilagarcía, que se instaure noutros lugares. De aí a nosa implicación coa organización”.

A competición en Vilagarcía volverá celebrarse en FEXDEGA partir do xoves 18 de outubro  e todos aqueles xogadores maiores de 30 anos poden inscribirse, individual ou colectivamente, en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. .

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.