A Copa Galicia Júnior centrou a atención esta primeira fin de semana de outubro. A Fase Final desta competición, tanto en categoría feminina como masculina; repartiu xogo nas cidades de Vigo e Lugo baixo a organización de CD Bosco e Estudiantes Lugo, respectivamente.
A cidade da muralla foi o sábado a sede para a copa masculina, despregando o seu xogo na pista do Anexo 1 o anfitrión, Estudiantes Lugo; Bosco Salesianos, Club Ourense Baloncesto e Instituto Rosalía. Da disputa resultaron vencedores os lucenses, impoñendose na casa, nunha intensa final, ante Club Ourense Baloncesto (108 - 76).
Co mesmo formato pero na xornada do domingo 7, tomou o relevo a categoría feminina con sede no Pavillón vigués de Navia. Neste caso, a "loita" pola Copa autonómica veu da man de R.C. Celta, Estudiantes Lugo, Compañía de María e Peleteiro. Repetindo o esquema masculino, foron tamén as anfitrioas as vecendoras finais, rexistrando a súa vitoria ante Estud¡antes Lugo nun duelo aberto (67 - 48)
Fase Final Copa Galicia Júnior Masculina (Lugo - 06/10/18)
(10:30 h) Estudiantes Lugo Leyma Natura - Bosco Salesianos (94 - 73)
(12:30 h) Club Ourense Baloncesto - Instituto Rosalía (87 - 67)
(17: 30 h) 3º e 4º posto: Bosco Salesianos - Instituto Rosalía (82 - 52)
(19:30 h) Final: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Club Ourense Baloncesto (108 - 76)
Fase Final Copa Galicia Júnior Feminina (Vigo - 07/10/18)
(10:00 h) R.C. Celta Zorka - Peleteiro (80 - 50)
(12:00 h) Estudiantes Lugo Leyma Natura - Compañia de María (56 - 40)
(17:30 h) 3º - 4º posto: Compañía de María - Peleteiro (56 - 55)
(17:30 h) Final: R.C. Celta Zorka - Estudiantes Lugo Leyma Natura (67 - 48)