Deporte Galego

XXXII Copa Galicia Sénior Feminina: Durán Maquinaria Ensino, campión

  • 30 Setembro 2018 |

O Pavillón da Malata en Ferrol volveu a acoller Baloncesto ao máis alto nivel máis de vinte anos despois coa final da XXXII edición da Copa Galicia Sénior Feminina, celebrada este domingo na pista do pavillón Ferrolá, e qie convertiu a Durán Maquinaria Ensino no novo campión da Copa Galicia, a segunda da súa historia.

 

XXXII Copa Galicia Sénior Feminina- Final (Pavillón A Malata. Ferrol. 30/09/18)

(12.00 h) BAXI Ferrol - Durán Maquinaria Ensino

(20 - 16, 10 - 15, 25 - 25, 11 - 15) (66 - 71)

Palmarés Histórico - Copa Galicia

Con BAXI Ferrol como anfitrión e rival, o equipo lucense, dirixido por Juan Nécega, rexistrou un trunfo que estrea do mellor xeito posible a súa temporada en Liga Feminina. A igualdade dominou un encontro que tanto lucenses como ferrolás tentarón facer seu dende un inicio, pero que realmente so conseguiu dominar no derradeiro cuarto o propio Durán Maquinaria, aproveitando a perda do pulso anotador do equipo de Carles Martínez nestes últimos dez minutos (66 - 71)

IMG 2307

Coa presenza no Pavillón da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez; O Concelleiro de Deportes do Concello de Ferrol, Jesús Basterrechea; o Presidente de BAXI Ferrol, Leopoldo Ibáñez; e o Vicepresidente FGB; José Manuel Villamarín; Durán Maquinaria Ensino rubricou a que supón a segunda Copa Galicia do seu palmarés (1996 e 2018) e sumou tamén o recoñecemento como a MVP "Caixabank" da final á súa xogadora Claudia Calvelo.

IMG 2220

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka