Deporte Galego

Marín da a benvida á Copa Galicia

  • 12 Setembro 2018 |

O Concello de Marín viviu esta mañá de mércores, 12 de setembro, a posta de longo oficial para a XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina. Coas semifinais da competición programadas para celebrarse este domingo no Pavillón de A Raña, e a final no horizonte, marcada para o día 31 do vindeiro mes de outubro; a organización do torneo comandada por Concello de Marín e Marín Peixegalego arrouparon esta mañá á FGB e clubs participantes, convidándoos a desfrutar ao máximo desta edición da Copa.

María Ramallo, alcaldesa de Marín; e Antonio Casal; representante do club local; reafirmaron o compromiso da vila co baloncesto galego e coa Copa Galicia en concreto. Así mesmo, animaron a todos os afeccionados a achegarse a vivir en primeira persoa as semifinais deste domingo.

Pola súa banda, o Xefe de servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides: quixo estar tamén presente esta mañá dando o apoio institucional á Copa, do mesmo xeito que tamén o fixo o director Deportivo do CB Breogán, Enrique Fraga.

A todos eles, agradeceulles o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; a súa participación hoxe en Marín, así como o seu total compromiso, un ano máis; cunha nova celebración da Copa Galicia Masculina.

Entradas
A presentación desta mañá serviu tamén para lembrar a todos os afeccionados que o desexen que poderán desfrutar das dúas semifinais do domingo cunha entrada global a prezo único de 10 euros e que lles dará acceso aos dous partidos, que se celebrarán as 18.00 h e 20.00 h no Pavillón de A Raña coa seguinte orde de xogo:

(18.00 h) Leyma Basquet Coruña - Cafés Candelas Breogán

(20.00 h) Rio Ourense Termal - Monbus Obradoiro

Así mesmo, a Federación Galega de Baloncesto ofrecerá en directo a retransmisión das dúas semifinais a través da súa canle oficial en Youtube, facilitando así desfrutar desta Copa Galicia a todos aqueles que non se despracen ata a vila de Marín.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka