Deporte Galego

XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina: Fase Previa en Marín

  • 05 Setembro 2018 |

A Copa Galicia Sénior Masculina 2018 - 2019 inicia a súa edición XXXII esta fin de semana. Baixo a organización de Concello de Marín, coa colaboración de Marín Peixegalego e baixo a denominación de I Torneo Virxe do Porto de Baloncesto, a competición disputará a súa fase previa nesta localidade entre o venres, 7 de setembro; e o domingo 9.

Nesta quenda inicial da competición entrarán en liza tres dos cinco protagonistas da mesma: os dous equipos galegos de LEB Ouro e o único representante autonómico en LEB Prata: Leyma Básquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego, respectivamente.

Os tres afrontarán unha liga a unha volta que enviará a dous equipos ao cruce de semifinais, que terá lugar o 16 de setembro e no que xa agardan, clasificados de xeito directo pola súa categoría ACB; os outros dous participantes nesta Copa: Cafes Candelas Breogán, e o campión das últimas oito edicións da Copa Galicia, Monbus Obradoiro.

A primeira quenda disputarana no Pavillón da Raña (Marín) os dous equipos galegos de LEB Ouro e o único representante autonómico en LEB Prata: Leyma Básquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego, respectivamente.

Os tres afrontarán unha liga a unha volta que enviará a dous equipos ao cruce de semifinais, que terá lugar o 16 de setembro e no que xa agardan, clasificados de xeito directo pola súa categoría ACB; Cafes Candelas Breogán, e o campión das últimas oito edicións da Copa Galicia, Monbus Obradoiro. Posteriormente, a gran final celebrarse o 31 de outubro.

O reparto de xogo da fase previa deixará un encontro por cada data desta fin de semana, desputándose do seguinte xeito:

XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina

Fase Previa -  I Torneo Virxe do Porto de Baloncesto (Sede: Marín. Pavillón A Raña)

Precio: 2€ por partido. Abono por 3 partidos: 4€

1ª Xornada - 07/09/18

(20.00 h) Leyma Basquet Coruña - Rio Ourense Termal (86 - 63)

2ª Xornada - 08/09/18

(20.00 h) Rio Ourense Termal - Marín Ence Peixegalego (93 - 72)

3ª Xornada - 09/09/18

(20.00 h) Marín Ence Peixegalego - Leyma Basquet Coruña (98 - 100)

Fase Final

Semifinais

16/09/18

(18.00 h) Leyma Basquet Coruña - Cafés Candelas Breogán (Y)

(20.00 h) Rio Ourense Termal -  Monbus Obradoiro (X)

Final

31/10/18

(21.00 h) Gañador X – Gañador Y

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka