Deporte Galego

XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina: calendario

  • 30 Xullo 2018 |
Monbus Obradoiro celebrando o seu título na edición 2017 da Copa Galicia
Monbus Obradoiro celebrando o seu título na edición 2017 da Copa Galicia

A Copa Galicia Sénior Masculina 2018 - 2019 cobra vida. A cita tradicional que a Federación de Baloncesto organiza cada pretemporada celebra este ano a súa XXXIII edición con cinco protagonistas: Monbus Obradoiro, Cafés Candelas Breogán, Leyma Basquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego.

A competición, que este ano se estenderá ata o mes de outubro, coñece hoxe o seu calendario, repartindo o mesmo en tres fases diferenciadas: previa, semifinais e final.

A primeira quenda disputarana en Marín, baixo a organización de Marín Peixegalego; os dous equipos galegos de LEB Ouro e o único representante autonómico en LEB Prata: Leyma Básquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego, respectivamente.

Os tres afrontarán unha liga a unha volta que enviará a dous equipos ao cruce de semifinais, que terá lugar o 16 de setembro e no que xa agardan, clasificados de xeito directo pola súa categoría ACB; Cafes Candelas Breogán, e o campión das últimas oito edicións da Copa Galicia, Monbus Obradoiro.

Unha vez completadas estas dúas fases, a XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina terá que agardar para dilucidar ao seu campión. A espera estenderase ata o 31 de outubro, data na que se celebrará a Final.

XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina – Calendario

Fase Previa (Sede: Marín)

1ª Xornada - 07/09/18 

( 20.00 h) Leyma Basquet Coruña - Rio Ourense Termal

2ª Xornada - 08/09/18

Marín Ence Peixegalego - Rio Ourense Termal -

3ª Xornada - 09/09/18 

Marín Ence Peixegalego - Leyma Basquet Coruña

Semifinais

16/09/18

2º Clasificado – Monbus Obradoiro (X)

1º Clasificado – Cafés Candelas Breogán (Y)

Final

31/10/18

Gañador X – Gañador Y

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka