A XXXII Copa Galicia Feminina xa ten calendario

Xoves, 26 Xullo 2018 10:55

A Federación Galega de Baloncesto dá a coñecer a estrutura da "XXXII Copa Galicia Sénior Feminina", evento que cobrará vida o vindeiro mes de setembro. Os seis equipos galegos en liza nas dúas principais categorías femininas do baloncesto nacional reuniranse un ano máis para celebrar a primeira cita sinalada de cada nova pretemporada, unha competición que na súas últimas cinco edicións consquistou Universitario Ferrol.

Fase Previa

A XXXII edición iniciarase da man dos catro equipos galegos de Liga Feminina 2, que competirán en liga a unha volta, con data tope para completar a mesma no 24 de setembro e co seguinte calendario:

Grupo LF2

1. A.D. Cortegada
2. R.C. Celta Zorka
3. Maristas Coruña
4. C.B. Arxil

1ª Xornada - 16/09/18

A.D. CORTEGADA – MARISTAS CORUÑA

R.C. CELTA ZORKA - C.B. ARXIL

2ª Xornada - 19/09/18

A.D. CORTEGADA – C.B. ARXIL

MARISTAS CORUÑA – R.C CELTA ZORKA

3ª Xornada - 23/09/18

R.C. CELTA ZORKA – A.D. CORTEGADA

C.B. ARXIL – MARISTAS CORUÑA

Fase Final

Unha vez coñecidos os dous primeiros clasificados desta previa, celebrarase a quenda final da Copa na que xa agardan, directamente como semifinalistas, os nosos dous representantes na Liga Dia: BAXI Ferrol e Durán Maquinaria Ensino.

Con sede e horario ainda por determinar, esta Fase Final presenta enfrontamentos e datas xa definidas:

29/09/18

BAXI FERROL – 2º CLASIFICADO GRUPO LF’2 (X)

DURAN MAQUINARIA ENSINO – 1º CLASIFICADO GRUPO LF’2 (Y)

30/09/18

GAÑADOR X – GAÑADOR Y (FINAL)

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.