O Deporte Galego recoñece o traballo de Miguel Méndez

Luns, 11 Xuño 2018 15:49

A Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez; recibiu este luns ao técnico galego Miguel Méndez para felicitalo pola súa temporada, na que se convertiu no primeiro adestrador galego en acadar un título europeo a cargo do Ekaterimburgo ruso.

Francisco Martín, Miguel Méndez e Marta Míguez, conversando sobre o presente do Baloncesto Francisco Martín, Miguel Méndez e Marta Míguez, conversando sobre o presente do Baloncesto

Xunto ao Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; conversaron tamén sobre Baloncesto Feminino e deporte en etapas de formación; compartindo as experiencias pasadas e presentes sobre a cancha do técnico vigués.

A Secretaria Xeral trasladoulle, ademáis da súa felicitación pola inesquecible temporada europea vivida polo seu equipo; a maior das sortes para o seu futuro, remarcándolle a gran representación que supón para o Deporte Galego.

Homenaxe do Baloncesto galego
Miguel Méndez agradeceu as verbas da Secretaria Xeral nunha fin de semana na que tamén recibiu o aplauso e recoñecemento dos seus compñaeiros, os adestradores galegos, e de todo o noso Baloncesto.

No marco do "Día do Adestrador", celebrado este domingo, 10 de xuño; en A Coruña; a Federación Galega de Baloncesto, representada polo seu Presidente, Francisco Martín; e o Director Deportivo, Carlos Colinas; quixeron facerlle entrega dun simbólico detalle e trasladarlle con este o orgullo que supón o seu traballo para todo o Baloncesto Galego.

miguel mendez

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.