Deporte Galego

CENOR Obradoiro CAB, campión da Liga Sub 22

  • 06 Xuño 2018 |

A Liga Sub 22 masculina celebrou esta fin de semana, 9 e 10 de xuño; a súa decisiva rolda final. Repartindo o xogo en dúas sedes diferenciadas, o protagonismo principal recaeu o sábado coa desputa no Concello de Boiro (Pavillón Santa Baia) das cruces de semifinais e final.

Contando coa organización de Concello local, Club Santa Baia e Cenor Obradoiro, equipo en liza nesta cita final co título en xogo; a concentración do sábado serviu para dilucidar quen se convirtía en campión da categoría. As opcións, repartidas de inicio por igual entre Baloncesto Narón, Ponferrada, Club Ourense Baloncesto e, o xa citado, Cenor Obradoiro; xogaron a favor de este último, quen se fixo co campionato, celebrándoo na súa propia casa. 

ponfeobra

Obradoiro e Ponferrada, finalistas; pechando a Liga 2017 - 2018 con foto conxunta

Os resultados rexistrados deixaron o seguinte cadro clasificatorio:  

Boiro (Pavillón Santa Baia) - 09/06/18

(10:30 h) Baloncesto Naron - CENOR Obradoiro (X) (63 - 96)

(12:30 h) Ponferrada - Club Ourense Baloncesto (Y) (67 - 64)

(17:30 h) Baloncesto Naron -Club Ourense Baloncesto (3º - 4º) (84 - 71)

(19:30 h) CENOR Obradoiro - Ponferrada (FINAL) (84 - 74)

Pola súa banda, a franxa dominical queda reservada para a desputa do 5 º e 6º posto desta Liga 2017 – 2018. Neste caso, a convocatoria será en Ourense en dobre quenda, mañá e tarde.

Ourense (Pavillón Salesianos) - 10/06/18

(00:00 h) Descansa - Bosco Salesianos (X)

(12:00 h) Santo Domingo Betanzos - Club Baloncesto Costa Ártabra (Y) (70 - 79)

(17:30 h) Bosco Salesianos - Club Baloncesto Costa Ártabra (5º - 6º) (64 - 65)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka