FGB e Basquet Coruña activan o #DíadoAdestrador

Mércores, 30 Maio 2018 16:29

(Info: Basquet Coruña) Básquet Coruña colabora xunto coa Federación Galega de Baloncesto e o Sporting Club Casino na primeira edición do #DíadoAdestrador, unha xornada formativa, a celebrar o próximo 10 de xuño, con máis de 20 relatores, adestradores galegos de primeira fila, e con Antonio Pérez Caínzos como director técnico da mesma.

 

 No acto da súa presentación, celebrado este mércores nas propias instalacións do Sporting Club Casino, estiveron presentes Francisco Martín, presidente da FGB; Carlos Colinas, director deportivo FGB; Miguel García, xerente do Básquet Coruña; Juan José Medín, presidente do Sporting Club Casino, e Miguel Angel Ortega, extécnico de Perfumerías Avenida.

Carlos Colinas considera esta xornada, impulsada desde “a área formativa da Federación” como un mecanismo para “axudar a mellorar aos nosos adestradores máis novos”. A idea pasa porque este acto sexa un éxito “poder prolongalo no tempo e que se consolide”. Quixo agradecer, ademais, a “total disponiblidade” dos técnicos invitados.

Pola súa banda, Juan José Medín, indicou que como anfitrións, e nos seus 128 anos de historia, o Sporting Club Casino sempre tratou de “fomentar o deporte en todas as súas modalidades”. Mentres, Miguel García aseverou que o Básquet Coruña “non podía faltar a un evento desta magnitude e que miramos cun agarimo especial porque o dirixe Antonio Pérez Caínzos”. “Temos 35 equipos, moitos adestradores, algúns con experiencia e outros que necesitan formación”, indicou.

Miguel Ángel Ortega quixo poñer en valor a figura do técnico veterano que ensina ao menos experimentado. “Gardo un recordo moi grato das actividades que fixeron os adestradores cando eu era máis novo. Estamos un pouco en débeda e foi un pouco o que a min me impulso e alimentou ideas. Estas iniciativas manteñen a chama de querer aprender”, subliñou.

Pechou o acto Francisco Martín declarando que se sentía “orgulloso da presenza de adestradores galegos por todo o mundo e colaborando en seleccións de base coa Federación Española de Baloncesto”. Así mesmo, desexou que o #DíadoAdestrador “dea pé a unha serie de repeticións e que fagan o baloncesto galego máis grande”..

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.