"DÍA DO ADESTRADOR": Obxectivos e prazo de inscrición

Mércores, 30 Maio 2018 15:55

A Federación Galega de Baloncesto abre o proceso de inscrición para o #diadoadestrador, actividade multidisciplinar que a Area Deportiva FGB levará a A Coruña coa colaboración de Club Básquet Coruña e o Sporting Club Casino da cidade herculina.

 

Aberto a todos os adestradores que desexen participar e compartir formación cun bloque de técnicos de talla nacional e internacional que liderará Antonio Pérez Caínzos como responsable do global da actividade; o #DiaDoAdestrador buscará a convivencia de todos eles conseguindo a sinerxía necesaria para intercambio de contidos e experiencias.

A continuación, detallamos os seus obxectivos, os requisitos para a inscrición e o programa da actividade, da que se agarda unha grande acollida por todos os técnicos de Galicia. 

#DiaDoAdestrador

Data: 10/06/18

Sede: SPORTING CLUB CASINO (A Coruña)

ESTRUTURA E CARACTERÍSTICAS

OBXECTIVO: Dinamizar unha actividade multidisciplinar desde distintos enfoques en base a exposición de ideas, liñas de traballo independentes, postas en común e actividades globais.

CARACTERÍSTICAS

XORNADA MATINAL

Tres bloques independentes (INDIVIDUAL, COLECTIVO, DIRECCIÓN) con tres relatorios cada unha deles.

Tres franxas horarias idénticas para cada bloque e en tres espazos independentes.

Cada adestrador inscrito elixirá tres relatorios aos que acudir de xeito voluntario, unha en cada franxa horaria. En ningún caso poderase cambiar de relatorio dentro de una mesma franxa horaria, respectando o inicio e o final da que se elixiu.

XANTAR: terá lugar no Resturante Boavista, no ático das instalacións.

XORNADA VESPERTINA

POSTA EN CÓMUN: realizarase nas mesmas salas que na xornada matinal. A asistencia a cada un será voluntaria por parte do adestrador pero sen poder abandonar a mesma ata o final do debate.

MASTER CLASS E VISIONADO- ANALISIS COMENTADO serán actividades globais e de asistencia de todo o grupo. Desenvolveranse no Salón de Actos.

INSCRICIÓN

O custo de inscrición na xornada é de 30 € (inclúe o xantar).

O pago farase por ingreso bancario na conta: IBAN ES96 - Nº CONTA: 2100/1455/14/0200227406.

A inscrición debe materializarse antes do 7 de xuño mediante envío de correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. cos datos persoais e o xustificante de pago.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.