Maurizio Cremonini, protagonista de luxo para o VIII Claustro Docente FGB

Martes, 22 Maio 2018 16:17

O "Claustro Docente FGB", que o vindeiro mes de xuño celebra en Carballo a súa oitava edición, contará coa participación de excepción de Mauricio Cremonini, covertindo esta actividade na primeira de rango internacional que a Federación Galega de Baloncesto organiza co Minibasket como eixo e punto de referencia das catro charlas prácticas programadas para a ocasión. 

Maurizio Cremonini Maurizio Cremonini

A presenza en Galicia de MAURIZIO CREMONINI o vindeiro sábado, 9 de xuño; é un momento único na historia recente das actividades formativas para adestradores.

Responsable da Área de Minibasket da Federación Italiana de Baloncesto desde 2001, Cremonini é un experto de primeiro nivel nesta modalidade a escala europea e con máis de corenta anos de vinculación á mesma. Ademais, é autor de numerosas publicacións e guías técnicas sobre o Minibasket, de proxectos sobre Educación Deportiva en Primaria e relator en multitude de clinics de ámbito europeo.

O seu coñecemento do medio e a implementación dos recursos individuais do neno ao xogo, dotan á súa metodoloxía dun selo moi particular tendo en conta a psicomotricidade e a particularidade desas idades.

Coa súa visita a Carballo agasallaranos, por partida dobre, con dúas intervencións en pista (12:30 h e 18:15 horas), nas que para, aqueles interesados que desex ser testemuña das mesmas poden inscribirse de xeito gratuíto mediante envío, antes do seis de xuño, de correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. .

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.