Deporte Galego

Pechase a inscrición do "6º Día do Pequebasket" con récord de 62 equipos

  • 07 Maio 2018 |

Rematado o prazo de inscrición, a organización do 6º DIA do PEQUEBASKET pecha a inscrición con récord absoluto de equipos anotados. O número de equipos participantes quedará nesta nova edición en 62 inscritos, que estarán en Carballo o vindeiro día 17 de maio.

A organización do 6º Día do Pequebasket decidiu esta fin de semana nunha reunión, de acordo coa Federación Galega de Baloncesto; pechar o prazo de inscrición desta sexta edición dado que o número de equipos interesados ascendía a un total 62.

Novamente supéranse as expectativas da Escola Basket Xiria, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto, incluso ás do año 2017 (con 57 equipos) e, por outra banda, bátese un novo récord absoluto de equipos participantes (61 equipos en 2016). Os 62 equipos que participarán no 6º Día do Pequebasket elevan así o número de participantes a máis de 700.

Esta boa nova vén a confirmar que a idea de organizar o DÍA DO PEQUEBASKET como EVENTO LÚDICO-DEPORTIVO e coma clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto do Club organizador está a chegar aos clubs de Galicia, que non se queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo.

Posta de longo

Esta festa do 6º Día do Pequebasket vivirá a súa presentación oficial e pistoletazo de saída esta mesma semana. Será o mércores, 9 de maio; na Biblioteca Municipal do Rego da Balsa de Carballo (19:00 h), dando conta na mesma de todos os datos sobre os equipos, clubs e participantes. Ademais, contarase coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Presidente da Federacion Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó; e con representantes da Deputación da Coruña.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka