A Fase de Ascenso a Liga Feminina 2 rumbo a A Coruña

Venres, 04 Maio 2018 09:31

Maristas Coruña organizará e disputará na casa a Fase de Ascenso a Liga Feminina 2. A Federación Española de Baloncesto acaba de comunicar na tarde deste venres, 4 de maio; a designación oficial pola cal o equipo coruñés será o anfitrión desta fase final, que pon en xogo unha praza na Liga Feminina 2 da vindeira temporada.

Maristas Coruña, que solicitou a organización desta fase cunha importante campaña de apoio en redes sociais, acollerá a mesma no seu propio Pavillón os vindeiros días 18, 19 e 20 de maio. Xunto ao equipo que dirixe Rubén Vázquez, 1º clasificado da liga de 1º División Feminina Grupo 1A; competirán Grupo Tirso Igualatorio Cantabria, 2º clasificado na mesma; e os dous primeiros equipos clasificados do grupo que conforman País Vasco, Navarro e La Rioja, cuxa identidade aínda se coñecerá esta fin de semana, data de remate desta liga.

A  Fase de Ascenso a Liga Feminina 2 configurarase en formato de Liga a unha volta cun primeiro clasificado definitivo que obterá o premio do ascenso. En vindeiras datas coñecerase a relación completa dos catro equipos que se porán finalmente en xogo, así como o seu calendario.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.