Deporte Galego

FaseFinalLF2: Durán Maquinaria Ensino, novo equipo da Liga Día

  • 26 Abril 2018 |
FaseFinalLF2: Durán Maquinaria Ensino, novo equipo da Liga Día
Foto: FEB

Durán Maquinaria Ensino xa é novo equipo da Liga Día. Parabéns!! O equipo lucense conqueriu este celebrado premio nunha disputada Fase Final de Liga Feminina 2, que tamén estivo protagonizada, con opcións ata o final, por Real Club Celta.

Nesta tarde de domingo, as lucenses asinaron o seu ascenso nun encontro de semifinais que dominaron, case dende o inicio, ante Spar Gran Canaria. A súa foi unha vitoria que levou a ledicia a todo Lugo e a todo o Baloncesto Galego.

Pola súa banda, loitando ata os últimos segundos, as xogadoras viguesas non foron quen de batir a un combativo Valencia Basket, que se fixo coa segunda praza de ascenso en xogo.

 

 

 

Dende aquí felicitar a ambos os equipos por ubicar ao basket galego no máis alto desta Fase, por deixarse todo na pista e por ofrecer un baloncesto do que estar orgullosos. E dobres parabéns, por suposto, para Ensino Lugo por acadar un ascenso que o leva á élite do deporte nacional. 

Fase Final Liga Feminina 2 (Ascenso a Liga Día)

Valencia, 26 a 29/04/18

26/04/18 – Xornada 1

(12:00 h) Spar Gran Canaria vs C. de los Adelantados (Grupo 1) (70 - 63)
CanalFEBtv -- Baloncesto en Vivo

(16:00 h) GDKO Ibaizabal vs Celta Zorka (Grupo 1) (56 - 72)
CanalFEBtv -- Baloncesto en Vivo

(18:15 h) Patatas Hijolusa vs Picken La Cuina Claret (Grupo 2) (60 - 65)
CanalFEBtv -- Baloncesto en Vivo

(20:30 h) Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino (Grupo 2) (60 - 66)
CanalFEBtv -- Baloncesto en Vivo


27/04/18 – Xornada 2

(12:00 h) GDKO Ibaizabal vs C. de los Adelantados (Grupo 1) (64 - 59)

(16:00 h) Celta Zorka vs Spar Gran Canaria (Grupo 1) (66 - 58)

(18:15 h) Durán Maquinaria Ensino vs Patatas Hijolusa (Grupo 2) (77 - 65)

(20:30 h) Valencia BC vs Picken La Cuina Claret (Grupo 2) (76 - 46)


28/04/18 – Xornada 3

(10:30 h) C. de los Adelantados vs Celta Zorka (Grupo 1) (85 - 62)

(12:45 h) Spar Gran Canaria vs GDKO Ibaizabal (Grupo 1) (75 - 63)

(17:45 h) Picken La Cuina Claret vs Durán Maquinaria Ensino (Grupo 2) (66 - 80)

(20:00 h) Patatas Hijolusa vs Valencia BC (Grupo 2) (44 - 76)

29/04/18 - Semifinais

(17:45 h) Semifinal 1*: Spar Gran Canaria-Durán Maquinaria Ensino (65 - 84)

(20:00 h) Semifinal 2: Celta Zorka-Valencia Basket (51 - 54)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka