Conta atrás para o VIII Claustro Docente FGB

Mércores, 25 Abril 2018 16:21

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración directa con Escola Basket Xiria e o Concello de Carballo poñen en marcha o VIII CLAUSTRO DOCENTE, programada a súa celebración para o vindeiro nove de xuño con sede no pabellón Vila de Noia, na propia vila de Carballo.

Co obxectivo de reunir a un elevado número de adestradores participantes, chegados de diferentes puntos do territorio nacional, a área deportiva FGB propón co "VIII Claustro Docente FGB" un programa de charlas prácticas protagonizado por tres representantes da elite do baloncesto en traballo de formación autonómico, nacional e internacional.

Neste marco, visitarán Carballo o vindeiro 9 de xuño:

Mauricio Cremonini, adestrador da Federacion Italiana de baloncesto, catalogado na actualidade como o maior especialista no traballo de minibasket do mundo, e que visitará España por segunda vez e Galicia por primeira ocasión neste ámbito de traballo.

Javier Torralba, adestrador de Segle XXI e da federación Catalá, considerado un dos mellores adestradores de base de España, e que por primeira vez, estará como relator na nosa Comunidade.

Cristino Menor, director deportivo de Estudiantes de Lugo, profesor da “Escola Galega de Adestradores” e con máis de 20 anos de experiencia no campo da formación.

Inscrición
O VIII Claustro docente dividirá a presenza dos tres técnicos en dúas charlas a realizar pola mañá, e outras dúas charlas pola tarde, intervindo Mauricio Cremonini por partida dobre.

O Proceso de inscrición para tomar parte destas catro sesións que configurarán o "VIII Claustro Docente FGB" abrirase o vindeiro mércores, dous de maio; data dende a cal os adestradores e adestradoras interesados poderán enviarse vía mail ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) as súas solicitudes.

Para todos eles, reseñar que a área de adestradores FGB cataloga esta cita como “evento formativo básico”, que ademáis validará por un total de 12 horas de formación complementaria a todos aqueles alumnos dos seus Cursos.

En vindeiras datas, confirmaranse máis detalles en torno a este VIII Claustro Docente FGB, no que se agarda reunir a adestradores participantes chegados de toda España.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.