Deporte Galego

VIª Edición do Pequebasket en Carballo

  • 25 Abril 2018 |

(Info: Escola Basket Xiria) O vindeiro 17 de Maio de 2018 terá lugar unha nova edición do Día Autonómico do Pequebasket en Carballo, a festa anual que organiza a Escola Basket Xiria, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto; orientada aos nenos e nenas de 5 a 8 anos, que conta xa co cartel oficial desta sexta edición.

O Cartel oficial quere representar a importancia destacada dos nenos e nenas nesta xornada, así como facer un guiño ó día das letras Galegas, co Taboleiro de Baloncesto coa bandeira de Galicia. Tamén se fai referencia á vila de Carballo a través das follas de Carballo que flotan polo cartel.

A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenos/as e, en consecuencia, a 600 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

O prazo de inscrición xa está aberto dende fai días, e xa confirmaron a súa asistencia máis de 20 equipos.

O equipo organizador do 6º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas e xa pronto pechará as actividades lúdicas e de lecer.

Precisamente dado o éxito e a repercusión que tivo o 5º Día do Pequebasket, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica, este ano aumentouse o límite a 60 equipos, para intentar batir todos os records de asistencia ata o momento.

O prazo de inscrición rematará o día 4 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e a solicitude de inscrición (enlace: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-+-info-DIA-PEQUEBASKET_2018_form.pdf , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web: www.diapequebasket.es

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka